Quantcast
Channel: As crebas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 307

Evocação da memória de Mário de Sá-Carneiro, no centenário da sua morte

$
0
0

(Poemas. Mário de Sá-Carneiro from Cátedra Poesia e Transcendência on Vimeo)

Mário de Sá-Carneiro suicidouse hai agora cen anos, o 26 de abril de 1916, na Rua Victor-Massé 29, Paris, onde unha placa lembra sen medias tintas o seu suicidio (imaxe inferior). Na súa memoria reproduzo un excelente traballo, no que os poetas Valter Hugo Mãe e Jorge Melícias recitan os seus versos e que se pode atopar desde hai pouco na canle vimeo. Velaquí o título e a ficha técnica.

Evocação da memória de Mário de Sá-Carneiro, no centenário da sua morte

Leitura: Valter Hugo Mãe e Jorge Melícias [poetas]

Centenário da morte de Mário de Sá-Carneiro | 1916-2016

Cátedra Poesia e Transcendência

Universidade Católica Portuguesa. Porto

Realização: Luís Costa

Som: Dinis Henriques

Música: Danny Norbury

A miña aproximación á obra de Mário de Sá-Carneiro vén de moi vello, mesmo moito antes de estudar Literatura Portuguesa na miña licenciatura na Facultade de Filoloxía da USC. Tanto é así que por volta da primavera de 1990 escribín un soneto inspirado por un verso de Luís de Camões (Transforma-se o amador na cousa amada), no que tamén se citan outros sonetistas de moita altura, os italianos Dante, Petrarca e Guido Cavalcanti, poesia do dolce stil nuovo que eu coñecín nas versión que daquela andaba a facer o poeta e amigo Darío Xoán Cabana (a quen coñecín cando traballaba como garda municipal no Concello de Corcubión) e tamén os portugueses Antero de Quental e Sá-Carneiro.

Dous anos máis tarde publicouse dentro da miña opera prima, Ausencias pretéritas (Espiral Maior, 1992), no que Darío Xoán Cabana escribiu un fermoso limiar que me honra, sendo o cuarto soneto do terceiro caderno intitulado «De ti e das palabras», nos que cada composición glosa un verso dun poeta amado. Velaquí:

IV

Transforma-se o amador na cousa amada
e en troques de doar ten agasallo,
eis que unha dor de amor posúe atallo
sen rubir como Romeo por escada,

sen deixar a ventá entreaberta un nada,
nin precisar recendos de ramallo
nin de roupa tecida en bo retallo,
e non mirar e ser cousa mirada.

Se fose cousa amada e non amante
deixo de ter lecturas preferidas
Dante, Petrarca ou Guido Cavalcante,

Antero de Quental ou Sá-Carneiro
ou ti propio Camões, pois non me pidas
que entenda os sentimentos do trobeiro.

(Placa que assinala o edifício onde Mário de Sá-Carneiro se suicidou, em 26 de abril de 1916. Rua Victor-Massé 29, Paris. Fonte: pt.wikipedia.org)
MáriodeSá-Carneiro


Viewing all articles
Browse latest Browse all 307

Trending Articles


Piranha (2010) 720p BRRip Dual Español Latino-Inglés


SONIA PRUDENTE LÓPEZ [19.220]


GLORIA BIRD [14.017]


JUAN RAMÓN ARDÓN [14.376] Poeta de Honduras


GOTZON ALEMÁN [16.377]


MANUEL ALFONSO ESTÉVEZ [9810]


PILAR ARANDA [19.527]


Rey Lich


Dibujo de una mariposa y un bebé


JULIO ABELARDO LUZA GIRONZINI [10.255]


Goku tamaño real


JOSÉ LUIS MEJÍA HUAMÁN [12.859]


EDELMA ZAPATA PÉREZ [14.194] Poeta de Colombia


BEATRIZ MIRALLES [15.384]


BLANCA VANINI SILVA [17.102] Poeta de Chile


ROCÍO MORAGAS [19.420]


Gogeta


Piccolo


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


CARLOS ACUÑA NUÑEZ [12.009]