Quantcast
Channel: As crebas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 307

«Antón Vilar Ponte», un soneto de Antón Zapata García

$
0
0

AntónVillarPonteporLuísSeoane
(Antón Vilar Ponte, por Luís Seoane. Reproduzo o debuxo que ilustra o artigo «Os derradeiros días de Antón Vilar Ponte (I)», de Emilio X. Ínsua. Premer na imaxe para agrandar o tamaño)

Hai 70 anos o poeta laxense Antón Zapata García publicaba o soneto «Antón Vilar Ponte» en A Nosa Terra, nº 445, febreiro de 1946, voceiro da Irmandade Galega de Bos Aires. A intencionalidade da orixe deste texto debería explicarse porque no mes de marzo íase facer o décimo aniversario do pasamento do galeguista, finado n’A Coruña en marzo de 1936 e que fora director do anterior Boletín decenal A Nosa Terra, que levaba o significativo subtítulo de “Idearium das Irmandades da Fala en Galicia e nas colonias galegas d’América e Portugal” e que fora interrompido polo franquismo, o que obrigou a retomar a cabeceira no exilio bonaerense por volta de 1942.

Cómpre lembrar que xa moito antes, en xaneiro de 1927, Antón Zapata García é un dos máis de sesenta galegos na Arxentina que contribúen, por iniciativa do secretario xeral da Federación de Sociedades Gallegas, Pedro Campos Couceiro, a pagar unha multa de cincocentas pesetas que unha resolución do Directorio militar de Primo de Rivera impuxera a Antón Villar Ponte por un artigo que este publicara na Habana criticando o réxime que usurpaba o poder democrático en España. Ademais do noso poeta, tamén figuran entre os doantes Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Julio Sigüenza, Ramiro Isla Couto e moitos outros. Sobre este asunto xa escribín nesta anotación: «No 70 aniversario dunha multa a Antón Villar Ponte e da solidariedade dos emigrados».

Tal e como explicamos polo miúdo no volume intitulado Antón Zapata García. Biografía dun poeta emigrado ao servizo da II República (Laiovento, 2009), o poeta laxense emigrado desde moi novo na Arxentina amosou o seu compromiso radical coa loita republicana e galeguista, por iso non é de estrañar que escribe este panexírico en lembranza de Antón Villar Ponte, no que despois de glosar as cualidades do dirixente federal e galeguista, fai alusión á traizón no primeiro dos tercetos:

ANTÓN VILAR PONTE

FOI un rexo fidalgo sin máis armas que a pruma
pra brandel-a no dreito de unha Patria irredenta,
¡unha Patria que loita pra integrarse na suma
dos seus bens, ¡seus bens propios!, sin tutora oprobenta!

N-os máis cultos xornaes, sin trocanza noxenta,
acotío escribía co-a palabra que encuma:
pol-o ben de GALIZA, un decir que aquerenta,
¡contra o mal dos protervos, un ORZÁN feito escuma!

Eisí foi xalonando seu vivir aquel ceibe
que xamáis maxinara que a traizón máis aleive,
n-unha “Terra de Pas”, se cebase algún día…;

mais o nobre poeta sempre vío unha Aurora
sobre a “Terra Irredenta”, sobre a “Terra que Chora”:
¡Nosa Terra que pronto chorará de alegría!

(Especial para “A NOSA TERRA”)


Viewing all articles
Browse latest Browse all 307

Trending Articles


Piranha (2010) 720p BRRip Dual Español Latino-Inglés


SONIA PRUDENTE LÓPEZ [19.220]


GLORIA BIRD [14.017]


JUAN RAMÓN ARDÓN [14.376] Poeta de Honduras


GOTZON ALEMÁN [16.377]


MANUEL ALFONSO ESTÉVEZ [9810]


PILAR ARANDA [19.527]


Rey Lich


Dibujo de una mariposa y un bebé


JULIO ABELARDO LUZA GIRONZINI [10.255]


Goku tamaño real


JOSÉ LUIS MEJÍA HUAMÁN [12.859]


EDELMA ZAPATA PÉREZ [14.194] Poeta de Colombia


BEATRIZ MIRALLES [15.384]


BLANCA VANINI SILVA [17.102] Poeta de Chile


ROCÍO MORAGAS [19.420]


Gogeta


Piccolo


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


CARLOS ACUÑA NUÑEZ [12.009]