Quantcast
Channel: As crebas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 307

Poemas (LXXXVIII): «Diana – Oder die Gegenstände» («Diana ou Os obxectos») de Günter Grass

$
0
0

GünterGrass1

No primeiro cabodano do poeta alemán Günter Grass (Danzig, agora Gdansk, Polonia,16 de outubro de 1927 – Lübeck, Alemaña, 13 de abril de 2015) reproduzo outro dos seus poemas en versión galega de Úrsula Heinze e Ramón Lorenzo incluído na antoloxía intitulada As galiñas de vento (Xerais, 2002, xa descatalogado como toda a colección de poesía Ablativo absoluto) que compilaba textos dos seus tres primeiros poemarios As vantaxes das galiñas de vento (Die Vorzüge der Windhühner, 1956), Triángulo de vías (Gleisdreieck, 1960) e Interrogado (Ausgefragt, 1967).

Noutra anotación, ao fío da súa morte, reproducín dous poemas aos que nesta ocasión engado este texto metaliterario e de recreación mitolóxica intitulado «Diana – Oder die Gegenstände» («Diana ou Os obxectos»), do seu libro Gleisdreieck (Triángulo de vías, 1960). Velaquí:

Diana – Oder die Gegenstände

Wenn sie mit rechter Hand
über die rechte Schulter in ihren Köcher greift,
stellt sie das linke Bein vor.

Als sie mich traf,
traf ihr Gegenstand meine Seele,
die ihr wie ein Gegenstand ist.

Zumeist sind es ruhende Gegenstände,
an denen sich montags
mein Knie aufschlägt.

Sie aber, mit ihrem Jagdschein,
lässt sich nur laufend
und zwischen Hunden photografieren.

Wenn sie ja sagt und trifft,
trifft sie die Gegenstände der Natur
aber auch ausgestopfte.

Immer lehnte ich ab,
von einer schattenlosen Idee
meinen schattenwerfenden Körper verletzen zu lassen.

Doch du, Diana,
mit deinem Bogen
bist mir gegenständlich und haftbar.

Günter Grass

Diana ou Os obxectos

Cando ela coa man dereita
sobre o ombro dereito agarra a alxaba,
pon a perna esquerda diante.

Cando me deu,
deume o seu obxecto na alma,
que para ela é coma un obxecto.

Polo xeral son obxectos en repouso,
contra os que os luns
bate o meu xeonllo.

Mais ela, co seu permiso de caza,
só se deixa fotografar
correndo entre cans.

Cando di si e dá no branco,
dá no branco nos obxectos da natureza,
mais tamén nos disecados.

Sempre rexeitei
deixar feri-lo meu corpo, que dispensa sombra,
por unha idea sen sombra.

Non obstante, ti, Diana,
co teu arco
es para min obxectiva e responsable.

Günter Grass


Viewing all articles
Browse latest Browse all 307

Trending Articles


Piranha (2010) 720p BRRip Dual Español Latino-Inglés


SONIA PRUDENTE LÓPEZ [19.220]


GLORIA BIRD [14.017]


JUAN RAMÓN ARDÓN [14.376] Poeta de Honduras


GOTZON ALEMÁN [16.377]


MANUEL ALFONSO ESTÉVEZ [9810]


PILAR ARANDA [19.527]


Rey Lich


Dibujo de una mariposa y un bebé


JULIO ABELARDO LUZA GIRONZINI [10.255]


Goku tamaño real


JOSÉ LUIS MEJÍA HUAMÁN [12.859]


EDELMA ZAPATA PÉREZ [14.194] Poeta de Colombia


BEATRIZ MIRALLES [15.384]


BLANCA VANINI SILVA [17.102] Poeta de Chile


ROCÍO MORAGAS [19.420]


Gogeta


Piccolo


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


CARLOS ACUÑA NUÑEZ [12.009]