Quantcast
Channel: As crebas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 307

«Abril», no poemario As crebas (Espiral Maior, 2011)

$
0
0

ascrebas

A metaliteratura, o diálogo implícito ou explícito coa obra doutras e doutros poetas é outro dos motivos recorrentes nos meus versos desde o primeiro libro (Ausencias pretéritasEspiral Maior, 1992). Hoxe, en diálogo con versos de Luis Cernuda e con versos de T. S. Elliot, que tamén reproduzo ao final, recupero o poema intitulado «Abril», que foi publicado dentro da obra As crebas (Espiral Maior, 2011).

Abril

Yo fui.
Columna ardiente, luna de primavera,
Mar dorado, ojos grandes.

«IV», Donde habite el Olvido (1931), LUIS CERNUDA

Fuches columna ardente, lúa de primavera, e fuches mar dourado, ollos grandes na sombra a percorrer camiños de asfalto desde a pedra, quintana de barrocos e inútiles paseos, para ancorar na area doutros camiños ermos nos que os teus pés espidos non deixaron pegadas.

Cando a fresca da noite apaga os borboriños, a penas no teu rostro a ardora das meniñas no calendario sucio das mareas de abril.

April is the cruelest month escribira o poeta e as lecturas reiteran as palabras como ecos, mais hai outros abriles, serás columna ardente, lúa de primavera e serás mar dourado, ollos grandes na luz do esplendor que serás.

The Waste Land

by T. S. ELIOT
FOR EZRA POUND
IL MIGLIOR FABBRO

I. The Burial of the Dead

April is the cruellest month, breeding
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Winter kept us warm, covering
Earth in forgetful snow, feeding
A little life with dried tubers.

(…)


Viewing all articles
Browse latest Browse all 307

Trending Articles


Piranha (2010) 720p BRRip Dual Español Latino-Inglés


SONIA PRUDENTE LÓPEZ [19.220]


GLORIA BIRD [14.017]


JUAN RAMÓN ARDÓN [14.376] Poeta de Honduras


GOTZON ALEMÁN [16.377]


MANUEL ALFONSO ESTÉVEZ [9810]


PILAR ARANDA [19.527]


Rey Lich


Dibujo de una mariposa y un bebé


JULIO ABELARDO LUZA GIRONZINI [10.255]


Goku tamaño real


JOSÉ LUIS MEJÍA HUAMÁN [12.859]


EDELMA ZAPATA PÉREZ [14.194] Poeta de Colombia


BEATRIZ MIRALLES [15.384]


BLANCA VANINI SILVA [17.102] Poeta de Chile


ROCÍO MORAGAS [19.420]


Gogeta


Piccolo


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


CARLOS ACUÑA NUÑEZ [12.009]